Cando acaba a xornada,
chego a casa,
e polo pasillo voume quitando a roupa,
e métome na ducha.
Saio.
Porque non collín a radio,
sintonizo o 87.2,
e gozo da música extranxeira,
que soa, convertendo o cuarto de baño nunha discoteca.
Espero.
Que ela non sexa como a miña nai,
“ Marcos, es malo para la piel y para el pelo
ducharse todos, todos los días “
Eu non me ducho por limpeza.
Dúchome.
Para imaxinar que está ó meu lado,
frotando todo o seu corpo coa esponxa,
que mercaremos naquel supermercado de Madrid,
que quedará embaixo do noso piso de luxo.
E coa toalla.
Que trouxemos de Oporto,
arredor do seu corpo,
e con outra,
no pelo.
Vaia polos pixamas.
Mentres corro as cortinas da ducha
e pregunto onde está a toalla de Oporto a berros,
óese unha risa,
e chega ela, cos pixamas mencionados.
Para min.
Un pantalón verde longo de cadros,
unha camiseta de “ I (L) London “,
e as zapatillas,
que deixan os dedos ó aire.
Para ela.
Uns shorts negros,
e de puntiños brancos,
e unha camiseta sen mangas que di :
“ I (L) Oporto “
Curiosamente.
Acaban de dar as dez e media da noite.
Eu río.
Ela ri.
- Imos prepara - la cea.
Ri.
Poñemos os pixamas, cando na radio empeza a soar Revolver.
- Espera Albiña.
- Non sei como te pode gustar iso.
Volve rir.
A ela tamén lle gusta.
- Vou indo á cociña.
Levo a radio comigo. En la villa de San Pedro nos prometimos el mar.
- Marquiños, non quero cociñar.
- Pois non se cociña.
E ceamos bocadillos. Eu non sabería dicir se eran de chourizo ou de bicos.
Fuente:
Written in the stars